Um artigo de Manuel Mera, dirigente da CIG, retirado do portal galego GZNacion
"A decisión de conxelar os salarios dos altos cargos da administración e dos deputados é unha medida que semella positiva neste contexto de crise económica e, seguramente, menores ingresos pras arcas públicas. Aínda que representan moi pouco nos orzamentos autonómicos. Ten máis de simbolismo que de efecto real. E, mesmo se se quere, de recoñecer que os actuais son salarios excesivos, que sumados a outros importantes privilexios despois de exercer o cargo, afondan un trato social desigual e afortalan elites. Evidentemente hai quen merece máis ou menos estes salarios e as outras milloras anexas.Agora ben, chéirame que a pretensión real desta conxelación sexa servir como mal exemplo, é dicir, pra que se acepte unha situación semellante por parte da clase traballadora na negociación colectiva do vindeiro ano (e mentres duren os números vermellos). Digo isto, porque esta mensaxe vense inserindo na sociedade de vagar porén con teimosía por parte da patronal, do Governo central, e mesmo aceptase con matices, moi mediaticos e dirixidos á base, por CC.OO e UGT (despois de todo seria continuar co que xa fixeron cos pactos estatais de negociación colectiva nos últimos anos). A menos que, estexa trabucado, e o que se busca en verdade é que os empresarios, executivos e profesionais, moderen os seus ingresos, que nas últimas décadas aumentaron dun xeito vertixinoso, xerando unha gran estratificación social e un sector amplo cun modo de vida nunca visto (segunda casa, importantes investimentos en Bolsa, iate, varios coches de gama alta, empregada do fogar inmigrante, etc.).Hoxe os salarios só representan aproximadamente un 50% do PIB, malia que os asalariados e asalariadas son o 76,4% da povoación ocupada, e que medrou a xornada laboral e os ritmos de traballo. En 1981 os salarios recibían un 62% da renda nacional galega e os asalariados eran só un 47,25% dos ocupados (informe do Banco Bilbao. Así se entende que un 65% das familias galegas teñan problemas pra chegar a fin de mes e non aforren ren. Pretender que estes sectores (asalariados, mais tamén autónomos e pensionistas) paguen os custes da burbulla inmobiliaria e da especulación financeira, despois de ter sufrido as consecuencias máis negativas da globalización neoliberal, é perverso, indecente, inxusto, e ademais sacraliza un modelo que acentúa a desigualdade social (e territorial). A clase traballadora, cando menos a súa gran maioría, non pode facer máis austeridades das que xa realiza!!!. Non se pode aceptar a conxelación dos salarios, ou das pensións, e moito menos que non se potencien os servizos sociais básicos ou as prestacións públicas esenciais, nun intre con tantos atrancos pra miles de familias da clase traballadora. As medidas que ate hoxe se tomaron polo Governo central (algunhas delas progresistas) no seu conxunto son regresivas, favorecen ás clases dominantes, tal como reflicten os dados estatísticos, xa que os salarios aumentan un 5,5% fronte a un 9,9% que o fan os beneficios empresariais (taxa inter-anual ao mes de xuño). Tratase do menor aumento salarial nos últimos anos, mentres que os beneficios empresariais mantéñense nos topes máis altos. Hai que matizar esta afirmación, xa que non todos os empresarios recollen por igual estes beneficios. As grandes corporacións axustan os custes premendo ás pequenas e medianas empresas que lles fornecen, transferíndolles deste xeito a maior parte das consecuencias da crise, cun resultado non só negativo en rendibilidade senón que en moitos casos provocando o peche definitivo. A gran concentración do capital nas últimas décadas non se debeu exclusivamente a unha tendencia natural do mercado, contribuíu tamén en boa medida a xenerosidade de todo tipo de achegas por parte das administracións públicas especialmente coas grandes empresas (ás contratacións e formación –nunha etapa de expansión-, ás exportacións, en infraestructuras, pra anovación tecnolóxica, adxudicación de obras e servizos, etc.).Manter o poder adquisitivo dos salarios (especialmente os máis baixos), así como o das pensións e dos ingresos dos autónomos (fontaneiros, pesca, agro, etc.) non só é unha medida de redistribución da riqueza, senón de xustiza social, que ademais evita que caia o consumo dos bens básicos, aqueles que se producen esencialmente no país, e mingua o consumo daqueles que son suntuarios, que normalmente se importan, ou sexa: que mantén e xera emprego. Tampouco é aceptábel, moito menos nesta conxuntura, que se sigan potenciando os grandes grupos empresariais por medio de todo tipo de subvencións e exencións impositivas. Eses medios deben servir pra potenciar os servizos públicos e a proteción social (é urxente un salario de inserción laboral, indefinido, con formación e traballo comunitario -haino na maioría dos estados da Unión Europea-). Por suposto é esencial afortalar a actividade productiva, os servizos, a anovación tecnolóxica, o aforro enerxético, e sobre todo preparar infraestructura e actividade económica pra un mundo con escaseza de materias primas e enerxía de orixe fósil. Lembremos ademais que os salarios reais perderon poder adquisitivo por mor de moitos mecanismos paralelos. Por exemplo, co aumento dos impostos indirectos a costa de rebaixar os directos (sempre en beneficio dos máis ricos). En concreto: reducindo as cotizacións empresariais nos custes brutos dos salarios, mediante exencións fiscais que sobre todo favoreceron ás grandes fortunas, mesmo utilizando o argumento da rebaixa xeral ( reforma IRPF, patrimonio, etc.). Por último, non é valido o argumento de que a moderación salarial é necesaria pra manter a competitividade das empresas, e polo tanto o emprego. Os custes salariais son na nosa nación, Galiza, e no conxunto do Estado, moito máis baixos que os dos países da Unión Europea, e aínda así aqueles son máis ricos e con menor taxa de desemprego (na UE os salarios representaban no 2006 como media un 64% do PIB; os custes laborais na industria durante o ano 2007 foron de 35,9 euros hora en Bélxica, 33 euros en Alemaña, 19,6 no Estado español, e 9,2 en Portugal; na Galiza son un 20% inferior á media do Estado español). Tampouco serve a comparación co leste da UE, que sae de fundas mudanzas políticas, sociais e de carencias en tecnoloxía e infraestruturas, e ademais os salarios están a aumentar moi rapidamente (en Chequia é de 7,4 euros hora e en Romanía de 3,2 euros). Compre engadir ao anterior, que o petróleo e as materias primas aumentaron igual pra todos os estados que integran a Unión Europea, se a inflación é maior no Estado español é pola cobiza dos empresarios, o pouco investimento en investigación e tecnoloxía, a exportación de capitais e os excesivos gastos suntuarios. A perda do poder adquisitivo real dos salarios nos últimos anos non milloraron a competitividade, e en troques mantivéronse as tendencias dominantes, a concentrar e centralizar o capital, medrando como nunca as desigualdades de clase e entre territorios. Neste contexto, e en todo momento, hai que realizar gastos moi calculados, necesarios e que se sosteñan no tempo, e feitos na perspectiva do novo escenario económico e político global (por exemplo da multipolaridade no político que se inicia, e dos cambios económicos que insiren as potencias emerxentes). Compre ademais unha correción despois dos excesos, porén deben facela ante todo os que se beneficiaron da globalización neoliberal, e despois as clases medias acomodadas (sexa por ingresos profesionais, rendas, salarios ou pensións), nunca a maioría social que non aforra ren ao ano e chega a duras penas a final de mes. Pedir austeridade cando os beneficios empresariais dobran os aumentos salariais é aldraxante, ofensivo pra clase traballadora e negativo pra Galiza como nación."
Manuel Mera (07-09-2008)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
"E o que afirmam estes "comunas", antigos adoradores de Enver Hoxa e do estalinismo albanês?"
pois é tudo muito bonito.
E quando é que nos falas aqui no teu beco iluminado da verdade, dos teus tempos de trotskista "moronista" e do teu carneirismo da LIT?
Com as críticas que teces a todas essas correntes, parece que és isento de erros de análise... Ou que és o profeta, o "Arnaldo de Matos" do cosmopolismo político.
O Rui Faustino é um camaleão espectacular, venera o PCP, critica o estalinismo, venera Trotsky e reve-se no "socialismo do séc XXI" de Chavez e tem um ódio de morte ao bloco, por na altura não ter entrado no CC da Ruptura/FER, mas isso não interessa pois não Rui, isso tira-te a genica Revolucinária! Ora bem o Rui Faustino, começou também a ser um cromo de qq manifestação, como grande doutrinador que é, desloca-se a todas as ondas contestativas de maior porte, entrega os seus manifestos para despertar a CONSCIÊNCIA DE CLASSE dos operários.
O Rui Faustino não passa de um mimado sectário. Não se revê em nenhum Partido, todos eles têm direcções traidoras e depois suga tudo o que vier da América Latina, eu acredito que tenha muito conhecimento de campo para afirmar com tanta certeza o que por cá profere.
Encontra defeitos em todo o lado (tirando Chavez), saltou daqui e para ali, a nível partidário, nunca ninguém teve paciência suficiente para o aguentar, sem nunca ter sido expulso, devido à reduta significância que sempre teve, saiu em ruptura com a ruptura/fer (por exemplo), acusando a eles e ao BE de tudo e mais alguma coisa, na busca desenfreada do protagonismo...
Nessa citada onda, atropela tudo o que é conceitos, o marximo do Rui é como uma farmácia depois de uma terramoto e um tornado, encontra-se na mesma de tudo, mas tudo fora do sítio e completamente baralhado.
Tem paciência Rui, veste calças e deixa as fraldas
Enviar um comentário